Os instrumentos de corda rozada

O artigo pretende un achegamento didáctico ós instrumentos de corda rozada, a través dun cómic para o alumno e dunha serie de orientacións didácticas para o profesor.


  1. Cómic.
  2. Orientacións didácticas.
  3. Elección dunha obra musical.
  4. Audicións recomendadas.
  5. Linguaxe técnica.
  6. Bibliografía de consultas.

1.- CÓMIC

índice
Descargar cómic
Versión Flash
(descargar con el botón de la derecha)
Versión pdf
Versión html

2.- ORIENTACIÓNS DIDACTICAS

índice

A educacion musical é á vez un adestramento do corpo e unha educacion sensorial. Isto conduce ó cultivo da voz, a motricidade, a unha sensibilidade do oido e á curiosidade activa ante tódalas formas da actividade musical.

A educacion musical é unha formación da sensibilidade e do gusto. Polo desenvolvemento das capacidades de atención, de memorización e de análise, favorece a adquisición do senso crítico e do senso estético.

O obxectivo da educacion musical é axudar ós alumnos a situarse nun universo sonoro o máis diversificado e en perpetua evolución, desenvolve-la súa necesidade de expresion e comunicación, estimula-la imaxinación e o espiritu de invencion.

A educacion musical abrangue catro tipos de actividades que se deben combinar: a educacion do oido, a práctica e o estudio da linguaxe musical (ritmo, melodía, harmonía, escritura e lectura musical), o acceso a unha cultura a través da escoita de obras e mailas actividades de invención e de creación.

O centrarse esta unidade didáctica na divulgación dos instrumentos musicais de corda rozada, propoñemo-la escoita dalgunhas composicións que nos axudarán no coñecemento de ditos instrumentos. A audición dunha obra musical debe ser activa e participativa a través da expresión corporal, vocal e instrumental:

Traballando desta maneira, a audición dunha obra musical deixa de ser unha actividade pasiva para transformarse en algo activo, participativo. Unha vez que a composición se traballou desta forma estamos en condicións de analizar formalmente a audición. Como as melodías estarán moi presentes na mente dos nenos, estes poderán seguir perfectamente un desenvolvemento temático, por exemplo: (1° movemento da pequena serenata nocturna, 1° movemento da sinfonia n° 40 de Mozart), unhas variacions (2° movemento do cuarteto n° 14 de Schubert) ou as repeticións de frases (minueto da pequena serenata nocturna).

A actividade de escoita debe ser, polo tanto, inseparable das actividades de práctica musical, podéndose asignar diferentes papeis e especialmente:

É esencial que as obras musicais se sitúen no seu contexto histórico, asi como as demais produccións artisticas. Pero non se trata de dar, na escola, un curso de historia da música.

3.- ELECCIÓN DUNHA OBRA MUSICAL

índice

A eleccion dunha obra musical permite facer coñecer, entre outras cousas:

Débenselles propoñer ós alumnos obras onde o material melódico e/ou rítmico se preste doadamente á memorización, o cal permitirá a audicion activa comentada anteriormente.

4.- AUDICIÓNS RECOMENDADAS

índice


Pequena Serenata Nocturna, K. 525 de W. A. Mozart.

Esta composición de Mozart é o exemplo máis coñecido de divertimento para os públicos actuais. Está composta para unha pequena orquestra de cordas e, aínda que recorda ós cuartetos e sinfonías do seu autor, diferenciase dos cuartetos en que cada parte é tocada por varios executantes, e das sinfonias en que as proporcións dos movementos son bastante máis pequenas.
Recomendámo-la escoita do primeiro e terceiro movemento así  como a interpretación instrumental utilizando o  tema principal do primeiro movemento.

Pequeña Serenata Nocturna 1
Pequeña Serenata Nocturna 2



Cuarteto n° 14 en re menor, D 810, "La Muerte y la Doncella", de Franz Schubert.

Recomendámo-lo traballo sobre o segundo movemento estructurado en forma de tema e variacións (en número de cinco). As variacións seguen o modelo clásico, tendo cada unha, unha duración máis ou menos igual, sendo sempre evidente a deliñación do tema (melódica ou ritmicamente).
Pequeña Serenata Nocturna 2


Pedro e o Lobo, un conto musical para nenos, op.67, de Sergei Prokofiev.

Prokofiev e un dos compositores deste século máis famosos. A razón da súa popularidade probablemente se deba a que a súa música e moi melodiosa e ten un humor e alegría que son moi atraintes.
Esta obra está composta para gran orquestra. Cada unha das personaxes do conto esta representado por un instrumento musical ou un grupo de instrumentos (p. ex.: Pedro vén representado polo cuarteto de cordas, o paxaro por unha frauta, o avó por un fagote...). Desta forma podemos contrasta-lo son producido polos instrumentos de corda rozada cos demais instrumentos da orquestra. No mercado existen excelentes gravacións narradas en galego, castelán ou outros idiomas (traballo interdisciplinario cos seminarios de idiomas).
Na dirección de Internet http://clic.xtec.net/db/act_es.jsp?id=1371 pódense atopar actividades baseadas neste conto musical. 

5.- LINGUAXE TÉCNICA

índice

6.- BIBLIOGRAFÍA DE CONSULTAS:

índice

Miguel A. López Fariña